Enforcadoen galego
Adiviña 10 palabras letra a letra antes de quedar sen vidas. Aprende vocabulario galego mentres xogas.
Xogo en curso
Fin da partida
Ranking
Cargando…
Como se xoga
-
1
Obxectivo
Debes adiviñar 10 palabras en galego, descubrindo as súas letras unha a unha. Dispoñes de 10 vidas (corazóns) en total, compartidas entre todas as palabras da partida.
-
2
Adiviñar letras
Selecciona letras co teclado en pantalla ou co teclado físico. Podes usar letras con til (Á, É…), pero non é obrigatorio: ao premer a letra base revelarás tamén as variantes acentuadas.
O Ñ considérase unha letra independente e non equivale ao N.
-
3
Acertos e erros
- Cada letra acertada suma puntos.
- Cada erro resta unha vida e penaliza a puntuación.
- Ao completar unha palabra recibes un bono adicional. Se a completas sen perder vidas, o bono será dobre.
-
4
Final da partida
A partida remata cando completas as 10 palabras ou quedas sen vidas. Ao final verás un resumo coa túa puntuación e nivel de precisión, e poderás gardar o resultado.
-
5
Ranking
Se introduces un nome, a túa puntuación gardarase no ranking público (semanal, mensual e histórico). Se non, só quedará almacenada no teu dispositivo.
Aviso legal e privacidade
Privacidade
Esta web non require rexistro nin solicita datos persoais. Se gardas unha partida no ranking público, almacénase só o nome que ti escribas e a puntuación.
Para evitar abusos do ranking gardamos un identificador técnico anónimo (hash da IP + navegador) que non permite identificarte. Pódese rotar e invalidar en calquera momento.
Cookies e analítica
Empregamos as seguintes cookies:
- enforcado_sid (técnica): cookie de sesión para protexer o envío de partidas. Necesaria para que o ranking funcione. Non é de seguimento.
- _ga, _ga_XSVJ6QPBX1 (Google Analytics): permítennos saber cantas persoas xogan e que pantallas usan, para mellorar o servizo. Os datos envíanse anonimizados a Google.
Se non queres que se envíen datos a Google Analytics podes activar o modo "Non rastrexar" do teu navegador, usar un bloqueador como uBlock Origin, ou non visitar esta web.
Licenzas
- Base léxica (palabras e definicións): CC BY-NC 4.0.
- Código fonte: GPL-3.0.
- Tipografías: Merriweather e Open Sans, ambas Open Font License.
Autoría
Enforcado en galego é un xogo creado por As Chaves da Lingua.